Saltar ao contido

Weezer (White Album)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weezer
Álbum de Weezer
Publicado1 de abril de 2016
Gravación2015
Duración34:05
Xénero(s)rock alternativo, power pop, pop punk
Selo(s)Atlantic Records, Crush Management
ProdutorJake Sinclair
Cronoloxía
Everything Will Be Alright in the End Weezer -
Na rede
Discogs: 980266 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Weezer (tamén coñecido como The White Album)[1][2] é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, publicado o 1 de abril de 2016.[3] O disco é o seu cuarto traballo autotitulado e o seu primeiro álbum producido por Jake Sinclair. Tamén é o seu primeiro disco editado a través de Crush Management e distribuído por Atlantic Records.[4]

Para o álbum, o líder da banda Rivers Cuomo explorou novas técnicas de composición, como a inclusión de potenciais letras nunha folla de cálculoe incluílas en cancións, como en "Summer Elaine and Drunk Dori" e "L.A. Girlz", baseadas no seu reconto de sílabas e a acentuación de palabras. O disco explora temáticas de dinámicas de xénero, experiencias de citas modernas e referencias á iconografía relixiosa. Musicalmente é unha volta aos seus dous primeiros traballos, Weezer (1994) e Pinkerton (1996), aínda que tamén é unha especie de tributo a The Beach Boys.

Weezer continuou colleitando a aclamación da crítica do anterior traballo da banda, Everything Will Be Alright in the End, mentres que comercialmente mellorou os resultados do anterior álbum, acadando o número 4 da lista Billboard 200 con 49.000 copias vendidas na súa primeira semana. Do disco sacáronse tres sinxelos: "Thank God for Girls", "Do You Wanna Get High?" e "King of the World".

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "California Kids"  Rivers Cuomo, Dan Wilson 3:25
2. "Wind in Our Sail"  Cuomo, Scott Chesak, Ryan Spraker 2:53
3. "Thank God for Girls"  Cuomo, Alex Goose, Michael Balzer, Alex Balzer, Bill Petti 3:30
4. "(Girl We Got A) Good Thing"  Cuomo 3:25
5. "Do You Wanna Get High?"  Cuomo 3:27
6. "King of the World"  Cuomo, Jarrad Kritzstein 3:24
7. "Summer Elaine and Drunk Dori"  Cuomo 3:25
8. "L.A. Girlz"  Cuomo, Brian Bell, Luther Russell 3:29
9. "Jacked Up"  Cuomo, Jonathan Coffer, Hugh Pescod 2:53
10. "Endless Bummer"  Cuomo, Bell, Russell 4:14
34:05
Canción extra no Xapón
N.º Título Duración
11. "Prom Night"   3:34
Edición deluxe dixital
N.º TítuloEscritor(es) Duración
11. "I Love the U.S.A."  Cuomo, Sam Hollander[5] 3:09
12. "Jacked Up" (Remix) (con Fitz de Fitz and the Tantrums e Nadya de Pussy Riot)Cuomo, Coffer, Pescod 2:56
13. "Friend of a Friend"  Cuomo[6] 2:58
14. "Fake Smiles"  Cuomo[7] 3:26
  1. Kerrang! (ed.). "Weezer Release New Video for California Kids". Archived from the original on 10 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  2. Entertainment.ie (ed.). "Weezer announce new album release in April - watch the video for 'King of the World' now". Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. Pitchfork (ed.). "Weezer Announce Weezer ("The White Album"), Share "King of the World" Video". Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  4. Billboard (ed.). "Warner Music Group, Crush Music Launch New Label". Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  5. "I LOVE THE USA". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 22661432. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  6. "FRIEND OF A FRIEND". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 21201445. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  7. "FAKE SMILES". BMI reportoire (en inglés). BMI Work # 21201516. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2019.